Bío
Víctor Álvarez del Caño
Castrelo de Miño, 27/05/1968
Silleda, 13/02/1993
A súa produción poética abrangue obras en galego e en español escritas entre 1984 e 1993, non en van á súa xenealoxía por rama paterna, de devanceiros enraizados na comarca do Ribeiro, cómpre sumar o sangue castelá aportado pola do seu bisavó materno.
Trala súa infortunada orfandade, ós oito anos, trasládase a Cartelle (Ourense), onde ha residir ata a maioría de idade.
Estuda Historia, Arqueoloxía e Antropoloxía nas universidades de Compostela e Salamanca, formación que se verá truncada por causa da súa morte prematura ós vinte e catro anos.
Víctor é un poeta en cernes, un arqueólogo en cernes e, en definitiva, unha personalidade en cernes fixada a perpetuidade nun momento aleatorio dun proxecto vital, profesional e artístico inconcluso. A súa traxectoria fálanos da capacidade autocrítica e evolutiva dun autor que podería ter acadado relevantes cumes de perfeccionamento se o fado non se tivese cebado nel de xeito tan inxusto.