Presentación do poemario A pel do silencio
Homenaxe a Víctor Álvarez del Caño, e
Presentación do poemario A pel do silencio
Lugar: L&L Café, Ourense
Día: 15 de xullo de 2018
O acto tivo carácter privado; a convocatoria foi feita mediante comunicados personalizados a familiares, amigos e amigas do autor.
Os asistentes foron agasallados con cadenseu exemplar do poemario.
Tiveron lugar diversas actuacións por parte de artistas e persoeiros achegados ó autor: disertacións, recitados, cancións, baile... conforme se detalla no programa de man adxunto.
O evento foi cuberto por Faro de Vigo, La Región e La Voz de Galicia, que publicaron con posterioridade senllas crónicas, recollidas todelas no apartado Galería desta web.
Infraestrutura:
Equipo de son: José Ramón Blanco
Escenografía e rexedoría: Elvira Domínguez
Flores: Senén Madarnás
Cáterin: Loli e José Luis Pereiro (L&L Café)
O poemario nas bibliotecas
O poemario A pel do silencio, de Víctor Álvarez del Caño atópase a disposición pública nas seguintes bibliotecas:
· Ourense:
Biblioteca Pública de Ourense
Biblioteca da Deputación provincial
Axencia de Lectura Municipal de Castrelo de Miño
Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia
Biblioteca Pública Municipal de Maceda
Biblioteca Pública Municipal de Cartelle (Outomuro)
Biblioteca do Seminario Maior de Ourense
· A Coruña
Biblioteca Pública Municipal de Carballo
· Lugo:
Biblioteca Pública Municipal de Sober
· Pontevedra
Biblioteca Xosé Neira Vilas (Vigo)
Biblioteca Pública Juan Compañel (Vigo)
· Barcelona:
Biblioteca Nacional de Catalunya
Biblioteca do Centro Galego de Barcelona
Biblioteca Sabela Labraña (ACGB / Ateneu Roig)
· Madrid
Biblioteca Nacional de España
· Directorio da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Se algunha outra biblioteca ten interese en engadir o libro ó seu fondo, pode porse en contacto connosco.
Programa de man
O poemario á venda
¿Onde se pode adquirir o poemario A pel do silencio?
· Libraría Aira das Letras
Rúa Emilia Pardo Bazán, 5, baixo
Allariz, Ourense
· Sede da Asociación Ribeiro Poético
(O Papuxa)
Rúa Porta Nova de Arriba, 5
Ribadavia